alt

Unha adaptación de Shakespeare a cargo de Elefante Elegante.

O Elefante Elegante naceu da necesidade de crear unha linguaxe plástica, poetica e universal de orixe galego-portuguesa que non dependera exclusivamente do texto. Os seus espectáculos son esencialmente visuais e basanse no rigor do xesto, na suxestión do movemento e na eloquencia das imáxes.

ILIRIA é un espectáculo de teatro, música, movemento e acrobacia a partir da peza “Noite de Reis” de W. Shakespeare. Destínase a maiores de 12 anos. O texto fusiónase coa danza, co mimo e coa acrobacia en tecido aéreo creando un fondo plástico e poético onde se desenvolve a trama cómica da peza. A música ten unha presencia fundamental e acompaña o decorrer dinámico da acción.


“Unha máxica unión de talento europeo desde Italia, Portugal e Galicia. ILIRIA nace da imaxinación de Shakespeare, pero cobra vida nos movementos, nas voces e no humor da compañía do Elefante Elegante. A obra engánchanos desde o comezo, coa súa beleza visual e de movementos.”
Marcial Blanco en www.manicomicos.org (12/03/08, V Festival Manicomicos, A Coruña)

Sinopse

Na illa de Iliria o Duque Orsino morre de amores por Olivia, pero a pesar das románticas cancións portuguesas que lle adica, o seu amor non é correspondido. Ao mesmo tempo, dous irmáns xemelgos, Violeta e Sebastián, naufragan na costa de Iliria. Violeta vese obrigada a disfrazarse de home coas roupas do irmán para poder sobrevivir nun país estranxeiro. Pero Sebastián tamén se salvou, e sen saber un do feliz destino do outro, acaban por crear os máis divertidos equívocos amorosos.