altSinopse

Século XVIII.Italia. O cabaleiro Valentino Rufini de regreso á súa casa en Milán é abandonado polo seu criado, que lle marcha cos cartos. Só, carregando co seu baúl de viaxe, e coa faldriqueira baleira, decide pasar a noitenunha casa en ruínas no camiño por onde pasa a carruaxe a Milán.
No mesmo lugar decide tamén pasar a noite Âkil Pillabán, a quen a súa ama deixoucomposto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos os dous coñeceranse e compartirán a noite, e con ela, desexos, sospeitas e medos, mentres agardan a que de mañá pase a carruaxe.

Algo máis sobre o espectáculo

Esta farsa que respira da comedia da arte está ambientada na Italia do século XVIII e conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ao tempo, moi semellantes. Valentino Ruffini é un poeta que non consegue publicar os seus libros en Venecia e de regreso á súa cidade natal, Milán, é abandoado polo seu criado. Sen cartos e apesarado pola súa mala sorte decide pasar a noite nunha casa en ruínas, ás aforas de Venecia. Pola súa parte, Âkil Pillabán, magrebí que traballaba no mundo da construción, á abandoado pola súa ama coa que tamén viaxaba a Milán, e igualmente decide pasar a noite na mesma casa onde se refuxia Valentino.
Coñeceranse alí, e xuntos agardarán pola carruaxe que vai a Milán para pedir auxilio. Xuntos pasarán a tarde, a noite e verán chegar un novo día. A desconfianza entre eles e o medo que os une provocarán divertidas historias coa que se artella un espectáculo que trata de reflexionar sobre a diferenza cultural, a desconfianza ao descoñecido e, por riba de todo, a necesidade de comprender que todos somos iguais, malia a cor da pele, das relixións e das posicións sociais. Trátase, en definitiva, dun espectáculo para ver en familia, para rir sen medo e, ao tempo, para pensar sen prexuízos.

Xénero: Comedia

Público ao que vai dirixido: Infantil/ Familiar

Duración: 50 minutos

Intérpretes: Diego Rey e Dani Trillo

Texto e dirección: Roberto Salgueiro