Pepo Suevos presenta "Este son eu"

Espectacular showman e monologuista, que utiliza na súa posta en escena un toque salvaxe, enérxico e incluso algo macarra ao servizo da risa do público.
Hábil improvisador, cun repertorio no que toca tódolos temas existentes, leva máis de 700 actuacións en vivo por toda Galicia e comunidades anexas, como Asturias ou Castela e León.
O seu recoñecemento ven dado pola súa presenza na pantalla da TVG, protagonizando series punteiras como “Terra de Miranda”, “Mareas vivas”, “As leis de Celavella”, “Pratos combinados”, “Pepe o inglés” ou “Os Atlánticos” e programas de culto como “O Show dos Tonechos”. De ahí salta cara o cine e outras canles como Telecinco (“Hospital Central”, “M.I.R.”) ou Antena 3 (“Quart”), e aparece en filmes de referencia como “Entre bateas”, “Heroína”, “O partido”, “Unha muller invisible”, “Abrígate”, “Pradolongo”, “Conexao” ou “Agallas”.
De tódolos xeitos, o seu terreo natural é o “corpo a corpo”, e non hai mellor cousa que comprobalo por un mesmo. Ninguén que o vira quedou indiferente.

