Malabaranda presenta "Residuo"
Sinopse
Espectáculo de malabares, clown e música.
Os malabares como soporte fundamental dun espectáculo que incorpora tamén o clown e a música. Malabaranda traballa con materiais atopados no lixo. Lixo material, pero tamén humano, social e emocional. Sorte que existen varredores tan especiais, que saben transformar todos os desperdicios en arte.
A reciclaxe pode ser unha forma de vivir..... isto é o que nos ensinan estes dous pallasos habelenciosos e concienciados co medio ambiente.

