altSinopse:

Hai que ter mil mañas para saír con ben de dentro do saco do Home do Saco, ou para demostrar que non es ningún paspán, ou para que unha irmá lle salve a vida ao seu irmán. Hai que ter mil mañas para gañarlle a un lobo, e a un oso, e a un moucho. Hai que ter mil mañas para enredar a un trasno, ou para atopar unha herba que te faga inmortal. Hai que ter mil mañas para cantar sen saber cantar, bailar sen saber bailar, e contar, contar, contar.

Xénero: Contacontos

Público ao que vai dirixido: Infantil