Arela Miúda presenta "O recuncho de Anabel"
Sinopse
Bel perdeu ao seu can chamado Sultán. A Ana esvaeceuselle a súa planta Anastasia. Todo aconteceu á vez dun xeito enigmático e inexplicable.
Ámbalas dúas son moi diferentes, pero, unidas polo azar, comezan a traballar xuntas co fin de descubrir a causa da misteriosa desaparición das súas mascotas, sen se decatar de que a búsqueda que inician é a un tempo unha forma de resolver a intriga e un estraño camiño para construír entre elas unha verdadeira amizade.
Público ao que vai dirixido: Infantil
Escrita e dirixida por: Charo Pita
Elenco: Diana Mera e Marta Pérez.

