alt

 

Rafaelo é un borracho ambulante que viaxa coa súa maleta máxica deambulando de bar en bar e de rúa en rúa, na busca dun público con quen realizar os seus trucos e con quen pasar un bo rato.

En 50 minutos, este espectáculo pasará por equilibrios imposibles, malabares con sombreiros e botellas, trucos de maxia e acrobacias de alto risco coa participación do público, creando así unha atmósfera de maxia desde o humor e o amor.