Talía Teatro presenta "Palabras Encadeadas"
Palabras encadeadas é o título do texto escrito por Jordi Galcerán, que versiona Talía Teatro baixo a dirección de Artur Trillo e interpretado por Toño Casais e María Ordóñez.
A través do xogo das “palabras encadeadas”, no que a partir da última sílaba dunha palabra calquera debe empezar a seguinte, os personaxes definen o thriller psicolóxico no que se pon nunha balanza a súa vida, cos seus medos, rancores...
Sinopse
Un psicópata e a súa vítima, nun espazo sen posibilidade de fuga aparente van descubrindo a súa historia, onde o que é certo e falso prende sempre dun fío. Na busca da verdade que os levou a esta situación extrema, o papel de culpable vai de man en man e o que parecía un final previsible transfórmase en inevitable.
Xénero: Drama
Público ao que vai dirixido: Adulto
Duración: 90 minutos
Intérpretes: Toño Casais e María Ordóñez
Dirección: Artur Trillo

