candiweb

Cándido Pazó ´Abrapalabra Creacións Escénicas` presenta "Historias Tricolores ou de como aqueles animaliños proclamaron a República ".

Unha proposta unipersoal, a cabalo entre a narración e o teatro, que busca os seus antecedentes escénicos nas actuacións en solitario de Darío Fo e outros cultivadores da xograría da palabra.
Un traballo que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director teatral coa súa longa e recoñecida traxectoria como contador de historias.
Unha función tan directa, inmediata e de áxil recepción coma o monólogo cómico e o conto tabernario e tan coidada na posta en escena, luz e son coma unha montaxe teatral.
Un texto divertido e emotivo no que o cómico e narrador, desde o humor e a evocación, enfía varias historias nun conxunto dramatúrxico que reivindica e homenaxea a memoria de dúas personaxes humildes e anónimas implicadas no atribulado momento histórico que lles tocou vivir.

Xénero: Comedia

Público ao que vai dirixido: Adulto

Escrito, deseñado e narrado por: Cándido Pazó