rusonegro

Sinopse

4 irmáns. Por parte de mama. Un actor puramente italiano acompañado por un trío puramente galego. As inmortais melodías itálicas e o corrosivo humor galaico nun percorrido polas cancións transalpinas dende os anos 40 ata os 80.

O Menú do restaurante Negroni inclúe:

♫ o salado cabaret de Renato Carosone e Fred Buscaglione,
♫ os agrios versos de Franco Battiato,
♫ as doces letras de Julio Iglesias (en italiano!)
♫ guarnicións picantes como Raffaella Carrá e Silvio Berlusconi.

En palabras de Quico Cadaval, “Está comprobado que a música lixeira italiana actúa directamente sobre o corazón, en canto facilita o fluxo sanguíneo e provoca o bo humor. É como tomarse un Prozac”.

Xénero: Musical

Público ao que vai dirixido: Todos os públicos

Elenco: Francesco Villas Negroni, Leandro Gaho Negroni, Toni Ficado Negroni e Simone Canapé Negroni