O Aturuxo de Melpómene presenta "As tres mosqueteiras na procura de Dartañán"
Por que o queixo Camembert se chama Camembert e o Roquefort, Roquefort?. Xénero: Comedia. Público ó que vai dirixido: Infantil (5 a 12 anos principalmente) e familiar. Autores: Javi Coll, Chani Martín e Javier Veiga. Intérpretes: Eva Arias, Celia González, Gena Hernández Carmen Louro, Cristina Mariño, Lorena Montero, María Veiga. Dirección: Manuel Areoso.
|
Teatro Escena presenta "Cucho, Coco e o dilema do 6"
Sinopse Érase un barrio de pisos altos. Un barrio de xente que traballa. Un barrio de rúas anchas, con poucos coches, con nenos xogando, con nais e pais que se asoman ás fiestras para chamalos. Autor: Celestino Antelo Galitoon presenta "Babiliglub"
Sinopse ¿Sería posible contar unha historia con catro palabras? Unha pregunta que sona a reto para o valente protagonista desta historia, un peixiño que só sabe decir ¡Miau! Un ¡Miau! que provoca una desafortunada resposta por parte da fauna marina composta por peixes multicolores e un polbo que só acertan a dicir "¡non!". Un "¡non!" lóxico nun universo marino onde o guay,lo propio e "políticamente correcto" é dicir "¡glub!". Xénero: Teatro de marionetas Duración: 35 minutos Público ao que vai dirixido: Infantil, de 1 a 3 años Autora e directora: Andrea Bayer Elenco: Óscar Ferreira, Rogelio Lema, Xurxo Cortázar Paula Carballeira presenta "Contos das mil mañas"
Hai que ter mil mañas para saír con ben de dentro do saco do Home do Saco, ou para demostrar que non es ningún paspán, ou para que unha irmá lle salve a vida ao seu irmán. Hai que ter mil mañas para gañarlle a un lobo, e a un oso, e a un moucho. Hai que ter mil mañas para enredar a un trasno, ou para atopar unha herba que te faga inmortal. Hai que ter mil mañas para cantar sen saber cantar, bailar sen saber bailar, e contar, contar, contar. Xénero: Contacontos Público ao que vai dirixido: Infantil Arela Miúda presenta "O recuncho de Anabel"
Bel perdeu ao seu can chamado Sultán. A Ana esvaeceuselle a súa planta Anastasia. Todo aconteceu á vez dun xeito enigmático e inexplicable. Ámbalas dúas son moi diferentes, pero, unidas polo azar, comezan a traballar xuntas co fin de descubrir a causa da misteriosa desaparición das súas mascotas, sen se decatar de que a búsqueda que inician é a un tempo unha forma de resolver a intriga e un estraño camiño para construír entre elas unha verdadeira amizade. Público ao que vai dirixido: Infantil Escrita e dirixida por: Charo Pita Elenco: Diana Mera e Marta Pérez. |






Sinopse